Sundown

1051

A nova série da HBO contaba dende o comezo cunha nada pequena comunidade de supostos fans dispostos a afundi-la antes de que comezase. Que se non é auténtico Lovecraft, que se é un drama con pequenas referéncias lovecraftiáns, que se vai ser unha decepción… E haberá que dicir que todos eles ficarían coa boca pechada, ou se cadra aberta, após de tan só o primeiro minuto amosado, cando un monstro que semella o curmán de Cthulhu devora a un grupo de soldados loitando contra pratos voadores. Como dí o clásico, necesitamos unha história que comece cun terremoto e continúe a tensión até o clímax.

A história está ambientada nos anos 50 e vai sobre unha busca, a de Montrose, o pai de Atticus, perdido nalgures en Massachussetts nun área que é descrita coma o lugar onde H.P. Lovecraft baseou os seus contos. A Atticus (Tic) acompáña-o o seu tío George e mais a súa curmá Letitia. E o único que teñen os tres protagonistas, ademáis de seren família e viviren en Chicago, é que non teñen ren que perder nuns intres nos que o racismo nos Estados Unidos era a política oficial.

Con estes argumentos está claro que esta non vai ser unha viaxe de pracer, e que os monstros lovecraftiáns aos que se enfronten os nosos heroes (e se alguén merece este título son eles) non serán nin moito menos o peor que lles poida pasar. Dende o grupo de adolescentes que se burla deles nunha gasolineira, até o grupo que os quere matar só por pasar pola súa vila, até os shériffs e corpos policiais diversos que os consideran sospeitosos só por seren negros. Calquera semellanza coa realidade dos nosos tempos é pura coincidencia, nonsí?

Total
Calificación
Artigo anteriorO especial de nadal de LEGO e Star Wars
Seguinte artigoA Disney presenta as conversas con Ned
sundownCon estes argumentos está claro que esta non vai ser unha viaxe de pracer, e que os monstros lovecraftiáns aos que se enfronten os nosos heroes (e se alguén merece este título son eles) non serán nin moito menos o peor que lles poida pasar.