A Disney presenta as conversas con Ned

59

O servizo de streaming da Disney+ ven de lanzar o tráiler oficial para Earth to Ned, o novo programa de monicreques da factoría Jim Henson.

A série non terá guións prévios e contará coma protagonista a Ned, un comandante extra-terrestre de pel azul, e mais ao seu tenente Cornelius, quen falarán con moitos convidados, entre os que xa se atopan RuPaul, Taye Diggs, Lil Rel Howery, Joel McHale, Eli Roth, Michael Ian Black, Rachel Bilson, Bindi e Robert Irwin, Gillian Jacobs, Thomas Lennon, Kristen Schaal, Raven Symone ou os actores de The Mandalorian Billy Dee Williams e Gina Carano.

Neste talk-show de média hora de duración en tón de comédia, os áliens veñen de cancelar a invasión da Terra após de se namoraren da cultura humana. Coa axuda da intelixéncia artificial da nave, BETI, e mais dos destrutivos CLOD (siglas en inglés de Organismos de Destrución Clonados Vivos), Ned tentará que o seu programa fique en segredo no seu planeta natal para non sufrir a ira de seu pai, o almirante da flota galáctica.

A série ten previsto comezar o vindeiro venres 4 de setembro.