O Axente do Tempo terá longametraxe

66

O guionista da popular franquía de cans famentos John Wick, Derek Kolstad, vai-se asociar coa Davis Entertainment, a Black Label Media e mais a Gunpowder & Sky’s Dust para escribir a versión en longametraxe da curta sulcoreana de ciéncia-ficción 시간 에이전트 (The Time Agent), dirixida por Jude Chun en 2018.

A curtametraxe ía sobre un axente solitário que viaxa ao pasado para salvar o futuro, facendo pequenos cámbios e case imperceptíbeis pero moi influentes para alterar a história. Durante a súa misión debe vivir en total illamento, pero esta vez atopa unha rapaza que estaba por se suicidar e accidentalmente salva a súa vida.

Nun comunicado, Kolstad dixo: “Dende o momento que vin a curta, recoñecín un mundo enorme e sen explorar agocho dentro do concepto inicial e anceiando por se realizar totalmente. Por sorte, as imaxinativas equipas de Gunpowder & Sky e da Davis Entertainment tamén viron este potencial e comparten unha visión semellante. Tíos, estou emocionado por me mergullar nel e axudar a traer mais cousas coma eta á vida“.

A Black Label Media porá os cartos para esta longametraxe e producirán xunto á Davis Entertainment e a Gunpowder & Sky. Entre os produtores executivos estarán Chun, Van Toffler, Floris Bauer, Eric Bromberg, John Davis, Jeremy Stein, Molly Smith, Thad Luckinbill e Trent Luckinbill.