Affleck aínda non se despide de Batman

189

O vindeiro filme The Flash non contará finalmente cun Batman, senón con dous. Segundo anunciou o seu director, Andy Muschietti, Ben Affleck repetirá o seu papel de cruzado con capa e unirá-se deste xeito ao anteriormente confirmado Michael Keaton, que tamén aparecerá no papel do home morcego. Muschietti dixo que coida que atopou un xeito de lle dar a Affleck unha oportunidade de brillar coma Batman nun xeito que os seus anteriores traballos non lle permitiron:

O seu Batman ten unha dicotomía que é moi forte, que é a súa masculinidade, polos seus xeitos e pola figura impoñente que ten, polo seu queixo, pero tamén é moi vulnerábel. Sabe como transmitir de dentro a fóra esa vulnerabilidade. Só precisa unha história que lle permita traer ese contraste, ese balance“.

Muschietti tamén quere deixar claro que este non será un simples cameo, e que a participación de Affleck será unha das claves do filme:

É unha parte moi substancial do impacto emocional da película. A interacción e a relación entre Barry e o Wayne de Affleck traerá un nivel emocional que nunca vimos antes. É a película de Barry, é a história de Barry, pero os seus persoaxes están mais relacionados do que coidamos. Ambos perdieron ás súas nais nun asasinato, e ese é unha das vasillas emocionais do filme. Aí é onde entra en xogo o Batman de Affleck“.

O filme seica estará inspirado polo argumento de Flashpoint dos cómics, no que Barry volve atrás no tempo para salvar á súa nai de ser asasinada, e ao face-lo provoca enormes cámbios na súa realidade. O cámbio lle permitirá a Affleck e a Keaton interpretar ao mesmo persoaxe en dúas versións da realidade:

Este filme é un gonzo no senso de que presenta unha história que implica un universo unificado onde todas as iteracións cinematográficas que vimos até agora son válidas. É inclusiva no senso de que di que todo o que viches existe, e todo o que verás existe, no mesmo multiverso unificado“.

Affleck deixara claro en moitas ocasións prévias que non tiña ningunha intención de se converter en Batman outra vez, polo que estas novas son bastante abraiantes.