O director e guionista J.C. Chandor ven de comezar a negociar a súa entrada nun novo proxecto dentro do universo cinemático Marvel da Sony, o filme Kraven the Hunter.
O guionista de The Equaliser Richard Wenk está a escribir un filme sobre este famoso superfalcatruán e inimigo de Spiderman, un aristócrata ruso chamado Sergei Kravinoff que se obsesiona coa caza e finalmente atopa un xeito de desenvolver superpoderes após de beber un elixir vudú.
Na súa história mais famosa, Kraven’s Last Hunt, o infame persoaxe logra incapacitar e enterrar vivo a Spiderman, rouba-lle o traxe e comeza a perseguir aos criminosos. Finalmente, despois de se demostrar a si mesmo que xa non ten mais desafíos na vida, decide suicidar-se, algo moi raro dentro do mundo dos cómics.
Matt Tolmach e Avi Arad serán os produtores. Chandor ven de dirixir Triple Frontier na Netflix e esta será a súa primeira longametraxe de grande orzamento para un dos principáis estudos de Hollywood.
Após do seu éxito con Venom, a Sony está a tirar a casa pola ventá cos filmes con persoaxes da Marvel: Morbius con Jared Leto, unha secuela de Venom, un filme con Madame Webb, outro con Jackpot, o de Spider-Woman que dirixirá Olivia Wilde e outro mais de Spiderman.