Moonbase 8 na Showtime

171

Moonbase 8A Showtime fíxo-se cos dereitos para emitir a comédia Moonbase 8, protagonizada por Fred Armisen, John C. Reilly e Tim Heidecker. O trío interpretará a un grupo de astronautas zoupóns que viven nun simulador da NASA en Arizona coa esperanza de poderen viaxar á Lua. A primeira tempada consta de tan só seis episódios e estreará-se ao longo deste outono. A produción executiva correrá a cargo dos tres actores e mais de Jonathan Krisel.