A Paramount Pictures ven de abandoar os seus plans de estrear a aventura post-apocalíptica Love and Monsters nas salas de cinema e tentará un lanzamento en vídeo baixo demanda. A história está protagonizada por Dylan O’Brien (The Maze Runner) e vai sobre unha viaxe nun mundo dominado polos monstros. Michael Rooker, Jessica Henwick, Dan Ewing, Arianna Greenblatt e Joel Dawson conforman o resto do elenco.