A Roda do Tempo continúa a se mover

67

Sophie Okonedo (Death on the Nile, Ratched), Kae Alexander (Game of Thrones), Kate Fleetwood (Harlots), Peter Franzen (Vikings) e Clare Perkins (Bullet Boy) unirán-se á xa confirmada Rosamund Pike na vindeira série fantástica de grande orzamento da Amazon, The Wheel of Time. A história, baseada na saga de novelas homónima do defunto Robert Jordan, desenvólve-se nun mundo fantástico onde a máxia existe, pero só certas mulleres teñen permitido acceder a ela.

Pike interpreta a Moiraine, unha muller que se embarca nunha perigosa viaxe polo mundo canda cinco mozos e mozas, de entre os que ún será segundo a profecía o Dragón Renacido (Josha Stradowski), un poderoso indivíduo que poderá salvar ou destruír á humanidade.

Okonedo interpreta á lendária Amyrlin Seat Siuan Sanche, Alexander é Min Farshaw, Fleetwood será Liandrin Guirale, Franzen é Stepin e Perkins será Kerene Nagashi.

A série está a ser adaptada para a televisión polo produtor executivo e showrunner Rafe Judkins para a Amazon Studios e mais a Sony Pictures Television.