Static Shock ao cinema

599

Static ShockSegundo deu a coñecer o realizador Reginald Hudlin nunha intervención non agardada o sábado na DC Fandome, xa hai conversas sérias para desenvolver unha longametraxe con acción real baseada en Static Shock, un cómic sobre un rapaz negro nunha vila de Dakota que posúe poderes eléctricos e que coa axuda dun amigo adíca-se a loitar contra o crime coma superheroe. O cómic xa conta cunha série de televisión en debuxos animados, e o seu actor protagonista, Phil LaMarr e mais o director creativo da DC Jim Lee compareceron canda Hudlin.