John Ridley escribirá un guión de Batman

820

Após do enorme éxito das franquías de superheroes, cada vez mais profesionais do mundo do cinema non especificamente vencellados ao fantástico atréven-se a dar o paso de traballar para producións de xénero. O último nesta lista é polo de agora o guionista John Ridley, gañador dun Oscar por 12 Years a Slave, e que escribirá o guión dunha minisérie de cómic, catro números de Batman que aparecerán en xaneiro de 2021.

A série de Ridley centrará-se na família de Lucius Fox, o empregado da Wayne Enterprise, e aínda que polo de agora non se sabe ren do argumento, segundo Ridley “é unha aposta abondo segura dicir que se eu vou escribir Batman, hai mais dun 47% de probabilidades de que vaia ser unha persoa de cór“.

As novas foron dadas a coñecer durante unha conferéncia da DC FanDome. O debuxo correrá a cargo de Nick Derington.

Na triloxía de Chris Nolan, Morgan Freeman interpretou o papel de Lucius Fox, e Chris Chalk fixo o mesmo rol na série Gotham da canle Fox.