A compañía Project X Entertainment ven de adquirir os dereitos da clásica comédia de 1963 The Nutty Professor protagonizada por Jerry Lewis e xa conta con plans para facer un segundo relanzamento.
Polo de agora non hai estudos, guionistas nin elenco de actores anunciados, pero o co-guionista e produtor James Vanderbilt (Scream 5) foi xa vencellado ao proxecto coma produtor.
O novo filme tentaría ser unha continuación da longametraxe orixinal e mais do relanzamento de 1996 que protagonizou Eddie Murphy e que tivo unha secuela de seu en 2000.
O mesmo ca nos filmes orixinais, agárda-se que a nova versión sexa unha paródia da clásica novela de Robert Louis Stevenson Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde (1886) e vaia sobre un profesor moi chapón que, para millorar a súa vida amorosa, bebe unha poción que o converte de xeito temporal nun persoaxe enmeigador e aposto, pero tamén moi ruín.