A Sony adapta The Kaiju Score

126

A Sony Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o novo título de cómic da editorial AfterShock, The Kaiju Score, e xa conta con plans para converte-lo nunha longametraxe que será coproducida coa Escape Artists.

A história vai sobre o atraco mais perigoso de todos os tempos, levado a cabo por catro criminosos desesperados que terán a oportunidade das súas vidas de roubar un tesouro de obras de arte valorado en millóns para poderen-lle dar a volta ás súas miserábeis vidas.

O único problema é que o tesouro está gardado por un monstro xaponés, un kaiju, de mil toneladas. E o monstro xigante podería ser mesmo o mais pequeno dos seus problemas.

O guionista James Patrick (Death Comes to Dillinger, The Monsters of Jimmy Crumb) e mais o debuxante Rem Broo (The End Times of Bram and Ben) foron os creadores do cómic, mentres que Tony Shaw, Todd Black, Jason Blumenthal, Steve Tisch, Lee Kramer e Jon Kramer producirán o filme.