Kate Winslet e Glenn Close en Baba Yaga

652

Kate Winslet, Jennifer Hudson e mais Glenn Close veñen de unir os seus nomes ao de Daisy Ridley para lle emprestar as súas voces aos persoaxes do vindeiro filme de debuxos animados en realidade virtual da Baobab Studios, Baba Yaga.

Hudson é unha produtora executiva nesta mergullante curtometraxe ambientada nun mundo de fadas onde os espectadores poden decidir a dirección que toma a história. A experiéncia segue á enigmática bruxa Baba Yaga (Winslet), que usa os seus poderes para deter aos aldeáns cuxo asentamento invade o seu bosque enmeigado. Cando a nai do espectador, a Xefa (Close), enferme, deberán decidir se elea e mais a súa irmá Magda (Ridley) entran no bosque prohibido, descobren os seus mistérios agochos e atopan a cura de Baba Yaga.

As decisións dos espectadores determinan o final da história neste proxecto que será presentado no Festival de Cinema de Venécia e estará dispoñíbel en exclusiva para os lentes de realidade virtual de Facebook, o Oculus Quest. O co-fundador da Baobab Studios, Eric Darnell (quen é ademais o creador e director da franquía Madagascar) será o director e Hudson, Maureen Fan, Larry Cutler e Kane Lee os produtores executivos.