Resident Evil terá série na Netflix

101

A Netflix ven de encargar a produción dunha série con oito episódios que versione para a tele o clásico videoxogo de terror Resident Evil orixinal da Capcom.

A Constantin Films, que produciu a adaptación das seis entregas que polo de agora leva no cinema, serán os estudos encargados de producir a série, que contará con Andrew Dabb (Supernatural) coma guionista, produtor executivo e showrunner.

A história da série desenvólve-se ao longo de dúas liñas temporáis: a primeira narra as aventuras de dúas irmás de catorce anos, Jade e Billie Wesker, que se mudan obrigadas a New Raccoon City, unha vila artificial creada por unha empresa. Pero canto mais tempo pasan alí, mellor se decatan de que a vila é mais do que semella.

A segunda história ten lugar dez anos no futuro, cando fican na Terra menos de quince millóns de persoas e mais de seis mil millóns de monstros: xente e animais contaxiados co virus T. E Jade, agora xa con trinta e tantos anos, loita por sobrevivir neste novo mundo, mentres os segredos do seu pasado continúan a enmeiga-la.

Bronwen Hughes será o director e produtor executivo dos dous primeiros episódios da série, da que Robert Kulzer e Oliver Berben serán tamén produtores executivos.