A mansión Enmeigada xa ten guionista

106

A actriz, cómica e guionista Katie Dippold, quen conta entre os seus traballos algúns episódios de Parks and Recreation ou o relanzamento de Ghostbusters de 2016, será a nova encargada de escribir o argumento para o cinema da popular atracción Haunted Mansion da Disneyland e converte-la nunha longametraxe con acción real.

A atracción é unha arrepiante casa enmeigada cunha chea de trucos e cunha ampla gama de sustos sobrenaturáis. También presenta unha manchea de persoxes emblemáticos, dende a médium psíquica Madame Leota até a Pantasma Hatbox.

Rideback, a compañía que produciu o remake de Aladdin con acción real, tamén apoiará esta longametraxe, que xa foi levada ao cinema unha vez en 2003 nunha película para esquecer de Eddie Murphy e dirixida por Rob Minkoff. Guillermo del Toro estivo vencellado a outra adaptación coma guionista e produtor, pero o seu proxecto nunca chegou ver a luz.

Dan Lin e Jonathan Eirich serán os produtores.