X-Files en debuxos animados

144

A FOX está a considerar o desenvolvemento de The X-Files: Albuquerque, unha nova série cómica en debuxos animados que servirá coma spin-off da famosa franquía sobrenatural e de ciéncia-ficción da mesma canle.

A nova série centraría-se nunha oficina chea de axentes zoupóns que investigan os casos sobrenaturáis que son demasiado absurdos, ridículos ou directamente estúpidos para que Mulder e Scully se ocupen deles. Eles serían esencialmente a equipa suplente dos X-Files.

O creador da série orixinal, Chris Carter, será o produtor executivo (pero non o showrunner) deste proxecto, que polo de agora tan só conta cun primeiro guión e mais unha presentación realizada perante os directivos da canle.

O episódio piloto foi escrito por Rocky Russo e Jeremy Sosenko (responsábeis da escatolóxica Paradise PD na Netflix) quen serían ademais os produtores executivos xunto a Gabe Rotter. A Bento Box porá os estudos de animación onde se produza a série.