Nemesis, ou como vingar-se do Presidente

1302

A parella de directores de Project Power e Paranormal Activity 3, Henry Joost e Ariel Schulman, veñen de asinar o contrato polo que se encargarán de realizar o thriller e acción e ciéncia-ficción Nemesis para a Warner Bros. Pictures.

A história vai sobre un brillante enxeñeiro que é testemuña de como o Presidente dos Estados Unidos comete un asasinato, após do que decide facer equipa cun vixilante para derrubar ao Presidente e mais ao seu corrupto governo.

Emerald Fennell (Promising Young Woman, Killing Eve) escribiu o guión mais recente co que se conta arestora, despois de se facer co posto que estaba a desempeñar Stephen Chin (War Dogs). Sue Kroll e Jules Daly son os produtores.

Joost e Schulman continúan pola súa banda ocupados na adaptación dunha história de activistas medioambientáis radicáis titulada The Monkey Wrench Gang, e mais dun filme sobre un rapaz de doce anos que lle rouba a tarxeta de crédito á súa nai e fuxe a Bali.