Benioff e Weiss teñen un problema de tres corpos

107

Os creadores de Game of Thrones David Benioff e D.B. Weiss van-se asociar co showrunner de The Terror: Infamy, Alexander Woo, para unha nova e cobizosa série de ciéncia-ficción na Netflix: The Three-Body Problem.

A história, baseada na novela homónima e gañadora do prémio Hugo do escritor chinés Liu Cixin, xira ao redor do primeiro contacto da humanidade cunha civilización extra-terrestre, e desenvolve-se dende os anos 60 na Terra até o final dos tempos nos mais remotos confíns do universo.

Cixin e Ken Liu, que escribiron a tradución ao inglés da primeira e da terceira novela, traballarán coma produtores consultores neste proxecto, para o que a Netflix xa encargou directamente a creación dunha série. Entre os produtores executivos atópan-se ademais o realizador Rian Johnson, a actriz Rosamund Pike e mais a compañía de Brad Pitt, a Plan B.