Zack Snyder planea mais exércitos dos mortos

95

Zack Snyder ten tanta fe no seu vindeiro filme de zombis na Netflix, Army of the Dead, que xa comezou a traballar en posíbeis spin-offs. E especificamente nun filme aínda sen título que sería unha precuela, e mais nunha série de debuxos animados estilo anime. Os dous proxectos están xa en desenvolvemento na Netflix.

Polo de agora, o primeiro filme vai sobre un grupo de mercenários que entran na cidade de Las Vegas, chea de zombis, mentres tentan levar a cabo o roubo mais grande de todos os tempos.

Dave Bautista, Ella Purnell, Ana de la Reguera, Theo Rossi, Omari Hardwick, Tig Notaro, Hiroyuki Sanada, Garret Dillahunt, Matthias Schweighofer, Raúl Castillo e Nora Arnezeder son os protagonistas desta película, que chegará ás pantallas en 2021.

Shay Hatten, un dos guionistas, é tamén o responsábel da precuela e mais da série de anime. A precuela estará dirixida e protagonizada por Schweighofer, repetindo o seu papel de Ludwig Dieter. Snyder será o produtor.

Jay Oliva será pola súa banda o showrunner do anime titulado Army of the Dead: Lost Vegas, que narrará a história da orixe do persoaxe de Bautista e da súa equipa de rescate durante a caída inicial de Las Vegas mentres se enfrontan á misteriosa fonte do andazo zombi.

O mesmo Snyder dirixirá dous episódios da série, e Oliva encargará-se doutros dous. Todos os actores principáis do elenco lle emprestarán as súas voces aos persoaxes do anime.