Fast And Furious vai ao espazo

103

Fast and Furious 9Despois de que moita xente repetise o chiste de que á saga de Fast and Furious só lle ficaba ir ao espazo, seica por fin vai ser así. Até agora era só fantasiosa, por aquilo de que as leis da física non semellaban ir con ela, pero agora será ciéncia-ficción. O rapeiro Ludacris, protagonista de seis do filmes e tamén do vindeiro noveno, xa o deixou cair no pasado mes de xullo, pero esta semana foi outra das estrelas da franquía, Michelle Rodriguez, quen o confimou nunha entrevista.