Tatiana Maslany será She-Hulk

100

A prometedora estrela canadiana gañadora dun Emmy Tatiana Maslany (Orphan Black) será a protagonista da série de televisión She-Hulk para a Marvel Studios.

O nome de Maslany xurdira coma o elixido para interpretar ao persoaxe a princípio da semana pasada, cando se deu a coñecer que Kat Coiro dirixiría vários episódios, entre eles o piloto.

A guionista de Rick and Morty Jessica Gao será a principal responsábel da equipa que escriba o proxecto, para o cal de todos os xeitos a Marvel aínda non lle deu luz verde nin tampouco quixo confirmar os rumores sobre o reparto.

Nos cómics, Jennifer Walters é unha avogada curmá de Bruce Banner, quen grazas a unha transfusión de sangue recibida do poderoso Hulk, obtén superpoderes moi semellantes aos do xigante verde, pero a diferéncia daquela, She-Hulk (nomeada “Hulka” na tradución española que chegou aos quiosques galegos) é capaz de manter a súa intelixéncia e a súa persoalidade cando se transforma.