Chung dirixirá O Teu Nome

98

O realizador americano Lee Isaac Chung ven de chegar a bordo para se encargar de reescribir e dirixir o proxecto con acción real de Your Name, o aclamado anime de 2016 orixinal de Makoto Shinkai, para a Paramount Pictures, a Bad Robot Productions e a Toho.

A história vai sobre o escolar de Tóquio Taki Tachibana e mais a rapaza Mitsuha Miyamizu, da rural Itomori, que descobren que teñen o poder de intercambiar os seus corpos entre eles mentres un desastre natural ameaza con destruír as súas vidas. Deberán viaxar para se atoparen e salvar ao mundo antes de que sexa demasiado tarde.

O filme converteu-se nun éxito de crítica e público, recadando uns 250 millóns de euros tan só en Xapón e converténdo-se nun dos éxitos mais salientábeis da história do cinema do país asiático. Chung fai-se cargo desta tarefa recollendo o testemuño do director de The Amazing Spider-Man, Marc Webb, que estaba inicialmente a liderar o proxecto.

Emily V. Gordon (The Big Sick) e Eric Heisserer (Arrival) traballaron na versión mais recente do guión, que producirán J.J. Abrams e Genki Kawamura.