El Arbi e Fallah encárgan-se de Ms. Marvel

118

Adil El Arbi e Bilall Fallah, a parella de realizadores responsábeis do filme Bad Boys for Life, un dos poucos que se puideron estrear con éxito este ano antes da crise da corona, serán os encargados de dirixir vários episódios de Ms. Marvel, a vindeira série de superheroes da Marvel Studios, para o servizo de streaming da Disney+.

Sharmeen Obaid-Chinoy, gañadora dun Oscar pola curta documental A Girl in the River: The Price of Forgiveness e mais a habitual directora de episódios de televisión Meera Menon (The Punisher, Titans) dirixirán ademáis outra parte dos episódios nesta quenlla inicial.

Bisha K. Ali será a guionista xefe da série, que vai sobre Kamala Khan, unha rapaza paquistani-americana que vive nunha família musulmá en New Jersey mentres tenta facer-se cun lugar de seu no mundo dos superheroes. Os estudos aínda están á procura dunha actriz que interprete a Ms. Marvel, que por outra banda ten previsto ser incluída en futuros filmes da Marvel.