A Netflix á procura da Atlántida

106

A Netflix ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela supervendas de Andy McDermott The Hunt For Atlantis e xa conta con plans para adaptar a propriedade a unha nova franquía.

A novela é a primeira da série de quince libros Wilde/Chase e vai sobre a brillante estudante universitária Nina Wilde e mais o xinete e gardacostas Eddie Chase, que reciben o encargo dun millonário para atoparen a lendária cidade perdida da Atlántida por todo o mundo.

Os seguintes títulos da série, publicados entre 2007 e 2019, inclúen outros obxectos míticos e lendários, coma a espada Excalibur, o Walhalla, a Fonte da Eterna Xoventude ou a cidade de Eldorado. Aaron Berg será o guionista e tamén o produtor, xunto a Matt Reeves e Adam Kassan, da compañía 6th & Idaho, e mais Mike Landry.