Toby Haynes substituirá a Tony Gilroy coma director dos primeiros tres episódios da série spin-off de Rogue One: A Star Wars Story que producirá a Disney+ baseándo-se nos comezos do persoaxe Cassian Andor que interpretou Diego Luna no devandito filme.
Gilroy, que reside en New York, tivo que renunciar ao traballo por mor da crise do covid, dado que coma cidadán americano xa non pode viaxar libremente ao Reino Unido, onde terá lugar a rodaxe. Haynes xa estivera con anterioridade entre os máximos candidatos para se facer co posto, e coma residente en Inglaterra non terá ningún problema pola súa banda.
Alan Tudyk, Adria Arjona, Denise Gough, Genevieve O’Reilly, Stellan Skarsgard e Kyle Soller son os outros protagonistas desta série, calificada coma “thriller de espías” e enfocada no axente rebelde Andor.
Haynes ten unha longa história coma director de televisión en Inglaterra, e conta entre os seus cretos entre outros a Doctor Who, Sherlock, Wallander, The Musketeers, a minisérie completa de Jonathan Strange & Mr. Norrell, o relembrado episódio U.S.S. Callister de Black Mirror e mais o vindeiro remake de Utopia.
Gilroy deberá conformar-se agora con ser produtor executivo, guionista e showrunner da série, cuxa rodaxe está prevista para comezar o mes que ven.