Supergirl despíde-se da tele

127

As canles The CW, Warner Bros. TV e mais a Berlanti Productions veñen de anunciar que a série Supergirl, protagonizada por Melissa Benoist dende que comezou na CBS en 2015, chegará ao seu remate após da vindeira sexta tempada en 2021. Esta será polo tanto a segunda série do Arrowverso que é cancelada, despóis de que a mesma Arrow finalizase após de oito anos en antena.

A produción de todas as séries da The CW de todos os xeitos tivera que se suspender por mor do andazo do corona, e concretamente Supergirl tivo que comezar aínda mais tarde porque a súa protagonista está preñada e agardando o seu primeiro fillo canda seu home Chris Wood. A rodaxe comezará a vindeira semana en Vancouver, pendente de chegar a un acordo coas autoridades canadianas. Benoist unirá-se á produción mais adiante.

Supergirl experimentou nos últimos tempos un salientábel descenso da súa audiéncia, que comezou sendo de arredor de 13 millóns de espectadores, até tan só 1,2 millóns na quinta tempada. A sexta e derradeira terá vinte episódios, pero aínda está previsto que se estrene o seu spin-off, Superman & Lois, en xaneiro de 2021.