Ciéncia-ficción a distáncia

134

O rapeiro, actor e director Ice Cube será o protagonista dun novo filme de ciéncia-ficción para a Universal Pictures que aínda non ten título pero que xa conta co ruso Timur Bekmambetov (Abraham Lincoln: Vampire Hunter) na produción. O proxecto seica estará na liña de District 9 e aborda temas de privacidade versus vixiláncia.

Polo que se conta, o proxecto terá a fasquía dun filme de acontecementos comerciais, pero co orzamento dun thriller que utiliza unha nova tecnoloxía que permitirá unha produción totalmente remota con todos os actores e a equipa traballando dende os seus lugares individuais afastados.

Rich Lee dirixirá a partir dun guión de Kenneth Golde mentres que Patrick Aiello tamén produce a rodaxe, que comezará o vindeiro mes. Cube estaba a filmar Flint Strong cando se produciu a suspensión da produción por mor do andazo do covid, pero espera volver poñe-la en marcha axiña.