The Boys terá un spin-off de seu

113

A Amazon quere poñer en marcha o antes posíbel unha nova série spin-off baseada na súa popular adaptación do cómic The Boys.

O lanzamento da segunda tempada da série hai tres semanas foi a mais vista de todos os tempos, e os episódios están a gañar audiéncia con respecto á primeira tempada, nada menos ca nun 89%, todo elo segundo fontes da mesma Amazon. Isto en todo caso é motivo mais ca abondo para que fose renovada para unha terceira tempada hai só uns días.

A nova série será irreverente, cualificada para maiores de 18 anos, e ambientada na única universidade americana que só admite superheroes adolescentes baixo o control da Vought International. Estes superhormonados aspirantes a heroes levan os seus poderes físicos, sexuais e morais até o límite, competindo brutalmente para obteren os millores contratos nas millores cidades.

Craig Rosenberg está a escribir o guión do episódio piloto e será o showrunner e produtor executivo baixo o seu acordo xeral coa Sony Pictures Television. Eric Kripke, Seth Rogen, Evan Goldberg e mais James Weaver serán os outros produtores executivos.