O realizador M. Night Shyamalan ven de anunciar que Old será o título do seu vindeiro traballo, e ademais presentou o cartace da longametraxe, que ten prevista a estrea para o 23 de xullo de 2021.
O proxecto está baseado na novela gráfica Sandcastle orixinal de Pierre Oscar Levy e Frederik Peeters, sobre un grupo de xente atrapada nunha misteriosa práia illada despois de descubrir nela un cadáver. Un tempo circundante secreto impíde-lles marchar.
Seica Shyamalan recibiu o cómic coma un regalo no día do Pai e se fixo cos seus dereitos após de ficar namorado do conto, pero esta non será unha adaptación directa senón mais ben un filme inspirado pola devandita novela gráfica. Eliza Scanlen, Thomasin McKenzie, Aaron Pierce, Vicky Krieps, Alex Wolff, Abbey Lee, Nikki Amuka-Bird, Gael García Bernal, Ken Leung, Rufus Sewell, Embeth Davidtz e Emun Elliott son os seus protagonistas.
A produción da longametraxe comezou xa hai uns días na República Dominicana.