Os experimentos de Kosinski e Hemsworth

810

Chris Hemsworth, Miles Teller e Jurnee Smollett serán os protagonistas de Spiderhead, o novo filme de Joseph Kosinski (Tron Legacy) para a Netflix.

Baseada no conto orixinal Scape From Spiderhead de George Saunders escrito en 2010, a história desenvólve-se nun futuro próximo onde aos encarcerados se lles ofrece a posibilidade de se someter voluntáriamente a experimentos médicos coa esperanza de dese xeito reduciren as súas condeas.

E os protagonistas serán dous prisioneiros que se converten en pacientes dunha proba cunha droga que altera as emocións e que obriga aos suxeitos a loitaren contra os seus pasados nunhas instalacións baixo o control dun brillante visionário que supervisa o programa.

Os guionistas de Zombieland e Deadpool, Rhett Reese e Paul Wernick, escribiron o libreto deste filme e serán asemade os produtores xunto a Hemsworth, Eric Newman, Oren Katzeff, Geneva Wasserman, Tommy Harper e Jeremy Steckler.