Jackson será Nick Fúria unha vez mais

121

Quen dixo que Samuel L. Jackson non ía regresar ao seu papel de Nick Fury nunca mais? O mesmo Jackson desmentira a posibilidade en marzo de 2019, pero agora o veterán actor de 71 anos porá-se unha vez mais o emblemático parche no ollo, nesta ocasión dunha série de televisión que a Marvel Studios TV está a desenvolver para o servizo de streaming da Disney+.

Polo de agora non se deron a coñecer os detalles do argumento, pero si que se sabe que Jackson será o protagonista e que Kyle Bradstreet (Mr. Robot) será o guionista e mais o produtor executivo.

A Nick Fury puidémo-lo ver por última vez a bordo dunha nave espacial Skrull durante os cretos finais de Spider-Man: Far from Home, e ainda que Jackson interpretou ao persoaxe en moitos filmes e en dous episódios de Agents of S.H.I.E.L.D., esta será a primeira vez que apareza nunha série de televisión coma protagonista en toda a súa carreira.

De saír adiante o proxecto, este sería o novo esforzo da Marvel e a Disney+ para nos amosar na tele aos persoaxes que durante os últimos dez anos deron vida aos Vingadores no cinema. Ao redor do día de acción de grazas nos Estados Unidos (o 26 de novembro) agárda-se a estrea de WandaVision; logo chegarán The Falcon and Winter Soldier e Loki a primeiros e mediados de 2021 respectivamente, e She-Hulk, Hawkeye, Moon Knight e Ms. Marvel agardan a súa aprobación definitiva para daren comezo á produción.