Aldis Hodge será o novo Hawkman

130

O prometedor Aldis Hodge (o detective Lanier en The Invisible Man) interpretará con case total probabilidade ao emblemático persoaxe da DC Comics Hawkman na vindeira longametraxe Black Adam que protagoniza Dwayne Johnson para a New Line. Hodge convérte-se deste xeito no seguinte superheroe que cambia a cór da pel e pasa de ser branco a negro. Michael Ritchson fora o último en interpretar ao persoaxe na série Titans.

A história está centrada no persoxe que se orixinou pas páxinas de Shazam coma o superfalcatruán mais perigoso contra o que se enfrontaba o heroe vermello, pero que foi evolucionando até se converter nun persoaxe con mais identidade de seu. Black Adam presentará ademais á Sociedade da Xustiza de América, un grupo multixeracional que precedeu á Liga da Xustiza e que inclúe a heroes coma Atom Smasher (Noah Centineo) ou ao Doutor Fate e Cyclone, ambos aínda sen actor asignado.

Hawkman é unha das partes dunha parella de namorados do antigo Exipto destinado a se reencarnar constantemente a través do tempo e do espazo, con moitos renacementos que o fan xurdir coma un heroe con fasquía de falcón que ten dúas grandes alas e un elemento alieníxena chamado “metal n” que lle permite evitar a gravidade e voar.

Nos nosos tempos, é Carter Hall, un arqueólogo e aventureiro que loita contra problemas de carraxe. O catalán Jaume Collet-Serra (Jungle Cruise, The Shallows) dirixe este filme a partir dun guión de Rory Haines e Sohrab Noshirvani.

A rodaxe de Black Adam ten previsto o seu comezo a finais de inverno ou a comezos de primavera.