O remake de Firestarter xa ten un pai

862

Zac Efron ven de asinar o contrato polo que se converterá no protagonista da nova adaptación ao cinema da clásica novela de ciéncia-ficción de Stephen King Firestarter para a Universal Pictures, a Blumhouse e a Weed Road.

A história vai sobre unha rapaza que desenvolve habilidades piroquinéticas e é secuestrada por unha axéncia governamental secreta que pretende utilizar os seus poderes coma arma.

Efron interpretará ao pai da nena, Andy McGee, no mesmo papel que David Keith fixera no filme orixinal de 1984. As novas chegan hoxe, precisamente no día que se cumpren 40 anos dende a publicación do libro.

Tal e coma se anunciara a finais de 2019, o realizador Keith Thomas dirixirá a partir dun guión de Scott Teems (Halloween Kills). Jason Blum e Akiva Goldsman serán os produtores e Martha De Laurentiis a produtora executiva.