King e McG farán os Feos para a Netflix

120

A Netflix quere unir nun novo proxecto a dous dos seus millores talentos da actualidade, o actor Joey King (The Kissing Booth) e mais o director McG (The Babysitter), para traballaren nunha adaptación de Uglies, a novela de ciéncia-ficción distópica supervendas do escritor Scott Westerfeld publicada en 2005.

King será o protagonista e produtor executivo e McG dirixirá a história, que está ambientada nun mundo futuro dentro de tres séculos, cando unha operación de cirurxía cosmética obrigatória aos 16 anos elimina as diferenzas físicas entre todas as persoas e as converte en fermosas dacordo a un estándar ideal de beleza. A protagonista é Tally Youngblood, quen se rebela contra o conformismo social despóis de que os seus amigos Shay e David lle amosen os inconvenientes de se converter nunha “Fermosa”.

O libro é a primeira entrega do que orixinalmente ía ser só unha triloxía e que tamén inclúe os tomos Pretties, Specials e Extras. En 2018 anunciáron-se catro novas novelas dentro do universo dos “Feos”, que se titularán The Imposters. Steven Cummings ilustrou Uglies en 2012 nunha novela gráfica estilo manga escrita polo mesmo Westerfeld e Devin K. Grayson chamada Shay’s Story que conta a história dende a perspectiva de Shay.

Seica King era un grande fan desta saga de novelas para adolescentes e estaba a tentar dun xeito bastante agresivo que a Netflix lle mercara os dereitos para el. Krista Vernoff adaptará o guión e McG, Robyn Mesinger, Dan Spilo, Mary Viola, John Davis e Jordan Davis serán os produtores.