O Soño de Sturridge

758

O actor inglés Tom Sturridge, a quen puidemos ver recentemente en filmes coma Mary Shelley ou Velvet Buzzsaw, semella ser o principal candidato para se facer co papel de Morpheus (ou Soño), o protagonista da vindeira adaptación ás pantallas que a Netflix está a preparar do clásico cómic Sandman orixinal de Neil Gaiman.

A série orixinal en cómic durou 75 números, foi publicada entre 1989 e 1996 e comezaba coa captura accidental de Soño, o irmán menor de Morte, e da viaxe que realiza após de ser ceibado 70 anos despois. O mesmo ca outro clásico coma Watchmen, esta saga está considerada coma unha das millores producións do cómic de todos os tempos.

A nova série adaptará os persoaxes aos nosos tempos. Gaiman, David S. Goyer (Batman Begins) e Allan Heinberg (Wonder Woman) lideran a equipa de produtores e queren comezar a rodaxe canto antes, se cadra nunhas poucas semanas. Gaiman pola súa banda xa vai mesmo mais adiantado e está a traballar canda os seus guionistas nas histórias da segunda tempada.

A série en todo caso será unha adaptación da recente versión realizada en áudio para a Audible e que contou con James McAvoy no papel de Morpheus.