A Netflix quere recuperar a Conan

697

A Netflix ven de comezar o desenvolvemento dunha série con acción real baseada no emblemático persoaxe de Robert E. Howard, Conan o Bárbaro, que apareceu por primeira vez en cómic nos anos 30.

A Pathfinder Media está a apoiar o proxecto coma parte dun acordo maior para dereitos exclusivos da Biblioteca Conan, actualmente a ser negociado pola Netflix e a Conan Properties International.

O potencial acordo daria á Netflix o dereito de adaptar a propriedade de Conan para filmes e televisión, tanto en espazos de ación en vivo coma de debuxos animados. Fredrik Malmberg e Mark Wheeler serán os produtores executivos de todos os proxectos neste eido.

Non foron revelados detalles sobre o argumento ou o período de tempo desta nova série. Arnold Schwarzenegger foi o actor que lle deu mais sona ao persoaxe grazas a dous filmes, sendo o mais salientábel Conan The Barbarian de John Milius en 1982. A estrela de Aquaman Jason Momoa liderou un reinício fallido da franquía en 2011.