Iman Vellani é Ms. Marvel

94

A actriz debutante Iman Vellani será a protagonista de Ms. Marvel, a nova série da Marvel Studios para a Disney+ baseada no persoaxe homónimo dos cómics. Esta será para Vellani a súa primeira produción salientábel en Hollywood.

A série provén da guionista e comediante Bisha K. Ali e céntra-se en Kamala Khan, unha adolescente paquistaní-americana que vive en New Jersey e a primeira heroina musulmá dos estúdios Marvel que chega ás pantallas. Ademais de participar nesta série, Kamala Khan será incluída en futuros filmes da Marvel.

Adil El Arbi, Bilall Fallah, Sharmeen Obaid-Chinoy e Meera Menon serán os produtores do proxecto. Este anúncio chega pouco despois de que hai uns días se dera a coñecer que Tatiana Maslany será a nova She-Hulk da Marvel e de que o personaxe Nick Fury de Samuel L. Jackson reciba unha série de seu.