A compañía Studio 8 ven de anunciar que a Warner Bros. Pictures adquiriu Black, a adaptación a unha longametraxe da minisérie de cómic independente orixinal dos creadores Kwanza Osajyefo e Tim Smith III, que serán os produtores.
Alcumado coma unha mistura entre X-Men e The Wire, o argumento deste cómic está ambientado nuns Estados Unidos onde só os cidadáns negros posúen superpoderes. O descubrimento fai-se cando un rapaz de Brooklyn chamado Kareem Jenkins é detido só por ser negro e é tiroteado pola policía.
Pero Jenkins sobrevive e conta a súa história a outras persoas, que comparten poderes semellantes, e deste xeito descobren unha enorme conspiración que tentaba evitar que o segredo dos superpoderes se dera a coñecer ao mundo, e especialmente aos afroamericáns. O produtor de Titans Bryan Edward Hill foi o escritor do guión.
Jeff Robinov, Guy Danella, Matteo Pizzolo e John Graham serán os produtores, e xa se atopan arestora á procura dun director.