Billy Crudup regresa a The Flash

136

Billy CrudupO recente gañador do Emmy Billy Crudup vai regresar ao seu papel de Henry Allen, o pai encarcerado de Barry, no filme The Flash. Crudup fora contratado cando Rick Famuyiwa ía dirixir a película, pero dende aquela pasaron os anos e a súa participación semellaba dubidosa. Agora, con Andy Muschietti a bordo, e cun guión no que tamén entran Michael Keaton e Ben Affleck repetindo as suas versións de Batman, o pai de Flash terá unha oportunidade de aparecer nas pantallas unha vez mais.