Mais anime de Godzilla

854

A Netflix ven de encargar a produción de Godzilla: Singular Point, unha nova série de anime que tentará estender aínda mais a grella de proxectos relacionados co famoso monstro xaponés.

O servizo de streaming xa fixera debutar con anterioridade tres filmes de Godzilla en anime: Godzilla: Planet of the Monsters, Godzilla: City on the Edge of Battle e Godzilla: The Planet Eater, todos eles entre 2017 e 2018.

Esta nova série, que debutará en 2021, non estará vencellada directamente aos filmes anteriores e presentará unha nova história orixinal e mais un novo reparto. Na equipa creativa están xa o director Atsushi Takahashi, o compositor Kan Sawada, o escritor convertido en editor e guionista Toh Enjoe, o deseñador de persoaxes Kazue Kato e mais o animador Eiji Yamamori.

A produción correrá a cargo dos estudos de anime Bones, que traballarán xunto aos estudos Orange, combinando asemade debuxos feitos a man con gráficos xerados por computador.