Johnston dirixirá ao Lobishome

0
190

Joe JohnstonA Universal contratou o pasado día 3 os servizos de Joe Johnston para sustituir a Mark Romanek coma director de The Wolf Man, permitindo asemade que o filme continúe o seu curso e que a produción poida escomezar en Londres o vindeiro mes de marzo.

Romanek deixara o thriller cun orzamento de 100 millóns de dólares (uns 68 millóns de euros) a semana pasada, por mor de diferéncias creativas.

Benicio Del Toro
está vencellado a este proxecto dende hai tempo para interpretar ao persoaxe principal, pero a saída de Romanek veu despóis de que os estudos contratasen a Anthony Hopkins para interpretar ao pai do protagonista e mais a Emily Blunt (Charlie Wilson’s War) para o papel feminino principal.

O Lobishome é o remake dun dos clásicos de todos os tempos dos estudos Universal. Andrew Kevin Walker escribiu o guión. Johnston é o director de filmes coma Parque Xurásico III ou Jumanji.