Marc Forster pilota o tren de Thomas

56

O outrora prometedor realizador alemán Marc Forster (World War Z, Quantum of Solace) será o novo director dun filme aínda sen título pero que que estará baseado na clásica e xa vella (75 anos) franquía para nenos cativos Thomas the Tank Engine e mais os seus amigos locomotivos.

O universo de Thomas e os seus amigos inclúe libros e xoguetes, pero tamén unha série de televisión que xa vai pola súa tempada 24. Forster vai-se asociar coa Mattel Films para producir a longametraxe, que conta cun guión de Alyssa Hill e Jesse Wigutow.

O proxecto úne-se deste xeito a outros filmes que a empresa xogueteira Mattel ten en desenvolvemento, entre os cales están os adicados aos bonecos Barbie e Barney (producidos respectivamente pola Warner e por Daniel Kaluuya) e outro nada menos que para cans, Wishbone na Universal.