Cumberbatch, o novo mentor de Peter Parker

1300

Benedict Cumberbatch repetirá o seu papel do mestre das Artes Místicas, o Doutor Strange, na vindeira terceira entrega de Spider-Man que protagonizará Tom Holland para a Marvel Studios e a Sony Pictures. Cumberbatch fará-se cargo do papel de mentor que ocuparan até agora Tony Stark e Nick Fury (Robert Downey Jr. e Samuel L. Jackson) nos dous filmes anteriores.

O como van amaña-lo non está nada claro. Spider-Man 3 tiña previsto o comezo da rodaxe en Atlanta para esta semana, pero co andazo do corona é bastante improbábel que iso sexa posíbel. Aínda que o estado de Georgia é ún dos mais conservadores e iso facilita a posibilidade de que os permisos para rodar sexan concedidos sen problema, Cumberbatch pola súa banda ía comezar en Londres a rodaxe da secuela de Doctor Strange, titulada Doctor Strange and the Multiverse of Madness, tamén esta semana.

Nombergantes, aínda que a rodaxe en Georgia puidera comezar, as restricións para viaxar impedirían a Cumberbatch, que vive en Inglaterra, voar aos Estados Unidos para rodar a secuela de Spider-Man. En todo caso, o seu nome debe unir-se agora aos de Jamie Foxx, que tamén regresa ao seu papel de Electro, interpretado no filme de 2014 The Amazing Spider-Man 2, así coma aos de Zendaya, Marisa Tomei, Tony Revolori e Jacob Batalon.

Jon Watts será o director, e a Sony mantén polo de agora a data do 17 de decembro de 2021 para a estrea.