Orlando Bloom produce aos Limpadores

732

Orlando Bloom será o produtor executivo da nova série de ciéncia-ficción The Cleaners para a Amazon.

A série está baseada nun conto de ciéncia-ficción orixinal do escritor chinés-americano Ken Liu, adaptado polo guionista Dominic Orlando (The OA, Mindhunter), quen será ademais o produtor executivo xunto a Bloom, Liu e Adam Karasick.

A história está ambientada nun futuro próximo onde os obxectos inanimados gardan as memórias das persoas e un certo número de xente ten a habilidade de revivir esas memórias tocando os obxectos. Os Limpadores (Cleaners) son especialistas contratados para sanear os obxectos e ceibar as cargas emocionais que esas memórias poden contér.

A série céntra-se nun mozo que herda o negócio familiar de limpeza e acepta un misterioso novo encargo. Esta será a segunda série que Bloom, a quen puidemos ver recentemente en Carnival Row, produce para a Amazon.