Sandra Oh no terror de Umma

794

A gañadora do Globo de Ouro por Killing Eve, a canadiana Sandra Oh, será a principal protagonista de Umma, un filme de terror producido polo mestre do xénero Sam Raimi.

Oh interpretará a Allison, unha nai que vive unha vida acougada nunha granxa americana canda súa filla. Pero as cousas comezan a se poñer feas cando a nai de Allison, que estaba distanciada dela, chega dende Corea e comeza a lle crear o medo de que se pode converter na súa própia nai.

Iris K. Shim é a guionista e directora do filme, que conta cun reparto no que se inclúen ademais a Fivel Stewart, Dermot Mulroney, Odeya Rush, MeeWha Alana Lee e Tom Yi.