M3GAN, a nova boneca diabólica

814

A actriz protagonista de Girls e Get Out, Allison Williams, liderará o reparto de M3GAN, o novo thriller de ciéncia-ficción producido por James Wan.

Seguindo unha ideia orixinal de Wan e cun guión de Akela Cooper, Williams interpreta neste filme a unha brillante científica de robots nunha compañía de xoguetes que desenvolve unha nova boneca dotada con intelixéncia artificial chamada M3GAN e que se supón que será unha boa compañeira de xogos para os nenos e unha beizón para os pais.

O filme conta coa dirección de Gerard Johnstone e será distribuído pola Blumhouse.