O director do Spider-Verso na odisea de Ollie

723

A Netflix está a planear unha nova mini-série que adaptará para a tele Ollie’s Odyssey, un libro para nenos de William Joyce, e que contará coa dirección de Peter Ramsey (Spider-Man: Into the Spider-Verse) en todos os episódios.

O proxecto vai sobre un xoguete perdido que está a cruzar o país na procura do neno que o perdeu, e ao mesmo tempo conta a história do neno que perdeu algo mais ca un bó amigo. Shannon Tindle (Kubo and the Two Strings, Coraline) adaptará o libro de Joyce en 4 episódios de 45 minutos de duración cadanseu.

Tindle e Ramsey serán os produtores executivos da série xunto a Shawn Levy e Josh Barry. A Industrial Light & Magic recibiu o encargo de crear os persoaxes xerados por computador, incluíndo ao protagonista Ollie.