Após de que fracasase a versión na 20th Century Fox, que mercara os dereitos hai cinco anos, a HBO Max está a negociar para se facer coa propriedade do cómic gañador dun prémio Eisner Lumberjanes, e xa conta con plans para adapta-lo a unha série de debuxos animados.
Noelle Stevenson (She-Ra and the Princesses of Power), unha das creadoras dos cómics das Lumberjanes na editorial BOOM! Studios, será a encargada de adaptar a série e será asemade a súa produtora executiva. O plan é lanzar primeiro un especial dunha hora antes de comezar coa série en si mesma.
O cómic vai sobre cinco amigas durante o seu primeiro acampamento de verán. Estas compañeiras de cabana descobren que neste acampamento hai algo mais que gañar que simples medallas, e que o director agocha un segredo que é a clave para resolver un mistério que é tan vello coma o própio lugar.
Durante o seu verán estas rapazas deberán superar obstáculos que inclúen creaturas sobrenaturáis e riváis doutras cabanas, decatarán-se de que algunhas das histórias contadas canda o lume son reais e aprenderán o verdadeiro senso da amizade. Ross Richie e Stephen Christy serán os produtores executivos.
A série de cómic leva xa vendidos mais de 1,5 millóns de cópias en todo o mundo dende que se estreou en 2014.