A HBO encarga a série de Lanterna Verde

70

A HBO Max ven de lle encargar oficialmente a Greg Berlanti a produción dunha série de dez episódios baseada no superheroe da DC Lanterna Verde, e que contará con guións de Seth Grahame-Smith (The LEGO Batman Movie) e mais do co-creador de Arrow Marc Guggenheim.

A série abranguerá un período de tempo de várias décadas e narrará as aventuras de múltiples Lanternas, incluíndo a Guy Gardner, Jessica Cruz, Simon Baz, e mais ao primeiro Lanterna Verde, Alan Scott, quen segundo os cómics, é un gai dono dun conglomerado mediático, cuxos poderes máxicos proveñen do seu papel de defensor dos Verdes, unha entidade que encarna a vida vexetal na Terra.

Ademais incluirán-se outros persoaxes favoritos dos fans, coma Sinestro e Kilowog, e presentará a novos heroes membros dos Corpos dos Lanternas Verdes. Grahame-Smith será o showrunner e o omnipresente Greg Berlanti (Doom Patrol, Titans, The Flash) o produtor executivo.