Após de moitos meses de rumores, xa é oficial que Furiosa, a precuela do filme de George Miller Mad Max: Fury Road, non só recibiu a luz verde para comezar a produción, senón que xa contratou a tres membros clave do elenco.
Anya Taylor-Joy (Split, The Witch) será a protagonista no papel dunha versión mais noviña de Furiosa (Charlize Theron no filme orixinal) e estará acompañada nada menos que polo mesmísimo Thor en persoa, Chris Hemsworth, xunto ao actor de Watchmen e Aquaman Yahya Abdul-Mateen II.
Polo de agora non se deron a coñecer os detalles sobre o argumento do filme, pero a ideia é que trate sobre os primeiros días do persoaxe protagonista e de como medrou até se converter nunha salientábel guerreira baixo as ordes de Immortan Joe.
Miller será de novo o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Nick Lathouris. O filme será producido pola compañía australián de Miller, a Kennedy Miller Mitchell, en asociación coa Warner Bros. Pictures.